Neste documento intentarase recoller unha serie de suxestións de estilo para o bo funcionamento do servidor www da Universidade de Vigo.
A conta de usuario/a dun servidor web da Universidade de Vigo só poderá utilizarse para o depósito e administración de páxinas web ou ficheiros relacionados con estas (imaxes, binarios, etc.). Non se poderá utilizar o devandito espacio como almacén de ficheiros, conexión a outras máquinas, etc.
As páxinas depositaranse nunha estructura de directorios a partir do directorio public_html situado na raíz da conta de usuario/a asignada. Toda a información que se introduza no devandito directorio será accesible mediante o servidor web; polo tanto neste directorio só poderán introducirse páxinas html e imaxes ás que se faga referencia nas ditas páxinas.
Os directorios han de conter a información organizada da seguinte forma:
· Ficheiros por defecto
- index.es.htm
Ficheiro por defecto en castelán- index.gl.htm
Ficheiro por defecto en galegoA presencia destas dúas referencias é aconsellable, podendo, en caso de non existir unha delas, ser referencia (ligazón) á outra.
Exemplo:
# cd alumnado # ls –o total 74 drwxr-x--- 5 paxinas 512 Feb 13 11:28 . drwxrwxrwx 25 root 512 Apr 4 10:49 .. -rw-r---- 1 paxinas 23 Feb 16 12:36 index.es.htm -> index.gl.htm -rw-r----- 1 paxinas 5069 Feb 16 12:36 index.gl.htm #· Restantes ficheiros
O resto de ficheiros deberían aparecer, da mesma forma cós ficheiros por defecto, nas súas dúas versións: fichero.es.htm e ficheiro.gl.htm. Ó igual que no caso dos ficheiros por defecto, de non existir un dos ficheiros, deberase colocar unha ligazón ó existente.
Exemplo:
# cd alumnado # ls –o total 74 drwxr-x--- 5 paxinas 512 Feb 13 11:28 . drwxrwxrwx 25 root 512 Apr 4 10:49 .. -rw-r----- 1 paxinas 23 Feb 16 12:36 index.es.htm -> index.gl.htm -rw-r----- 1 paxinas 5069 Feb 16 12:36 index.gl.htm -rw-r----- 1 paxinas 7423 Feb 16 12:38 info.es.htm -rw-r----- 1 paxinas 7255 Feb 16 12:39 info.gl.htm #
Os ficheros incluídos nos directorios han de respectar certas normas en relación ó contido e á forma.
O título será un campo obrigatorio para toda páxina html aloxada no servidor web.
O título das páxinas html ha ser descritivo do documento, breve e preferiblemente único.
Existe un caso especial con respecto ó título de ficheiros, os ficheiros por defecto. O título dos ficheiros por defecto fará referencia ó contido do directorio no que se atopan.
Exemplo:
No caso do directorio "alumnado" dos exemplos precedentes, os ficheiros terían este aspecto:
index.gl.htm
<html> <head> <title>Alumnado</title> </head> <body> (...) </body> </html>
En negra o título do documento.
info.es.htm
<html> <head> <title>Información de utilidade para o Alumnado</title> </head> <body> (...) </body> </html>
Os permisos dun ficheiro han de ser tales que, como mínimo, permitan a lectura ós membros do grupo web.
Exemplo:
-rw-r----- 1 paxinas web 7423 Feb 16 12:38 info.es.htm -rw-r----- 1 paxinas web 7255 Feb 16 12:39 info.gl.htm
A responsabilidade da información contida no espacio dun usuario/a será exclusivamente deste.
Poderase incluír información sobre docencia, investigación e servicios, e estará prohibida a inclusión de información de tipo comercial, pornográfico, político ou de lecer. De incumprirse este punto procederíase ó bloqueo da conta e á retirada das páxinas.
Non se duplicará información xa contida no servidor principal da universidade, aínda que se poderán incluír ligazóns á devandita información.
É responsabilidade do usuario/a que a información estea convenientemente actualizada, así como a súa correcta visualización.
Aínda que non hai unha lexislación sobre dereitos de autor dos documentos html, existen unhas normas de ética e cortesía, polo que as copias totais ou parciais de documentos doutros servidores deben estar autorizadas polos autores/as. Se isto non é así, deberase indicar unha referencia de ónde se conseguiu o documento.
As páxinas por defecto serán as que se inclúan nos ficheiros index.es.htm e index.gl.html que se atopen no correspondente directorio da conta de usuario/a.
Estas páxinas deberían conter:
Os nomes de ficheiro deberían seguir unha serie de regras básicas para un mellor funcionamento das páxinas aloxadas no servidor www.